domingo, 1 de junho de 2008

De Cantares Gallegos

Na foto: Rosalía de Castro*

de Cantares Gallegos (1863)
Campanas de Bastabales,
cando vos oio tocar,
mórrome de soidades.
I
Cando vos oio tocar,
campaniñas, campaniñas,
sin querer torno a chorar.
Cando de lonxe vos oio
penso que por min chamades
e das entrañas me doio.
Dóiome de dór ferida,
que antes tiña vida enteira
e hoxe teño media vida.
só media me deixaron
os que de aló me trouxeron,
os que de aló me roubaron.
Non me roubaron, traidores,
¡ai!, uns amores toliños,
¡ai!, uns toliños amores.
Que os amores xa fuxiron,
as soidades viñeron...
de pena me consumiron.
V
Corre o vento, o río pasa.
Corren nubes, nubes corren
camiño da miña casa.
Miña casa, meu abrigo,
vanse todos, eu me quedo
sin compaña nin amigo.
Eu me quedo contemprando
as laradas das casiñas
por quen vivo sospirando.
..............................
Ven a noite,
morre o día,
as campanas tocan lonxe
o tocar do Ave María.
Elas tocan pra que rece;
eu non rezo que os saloucos
afogándome parece
que por mín tén que rezar.
Campanas de bastabales,
cando vos oio tocar,
mórrome de soidades.
*Rosalia de Castro (Santiago de Compostela, 21 de fevereiro de 1837 — Padrón, 15 de julho de 1885) foi uma escritora e poeta galega.
Considerada como a fundadora da literatura galega moderna, o 17 de Maio, Dia das Letras Galegas é feriado por causa de ser a data de edição da sua primeira obra em idioma galego Cantares Galegos.

Nenhum comentário: